Mergúllate na literatura galega: Celebrar o Día das Letras Galegas no mar con Sailway

Celebrar o Día das Letras Galegas no mar

Aproxímase o 17 de maio, unha data moi especial na máxica Galicia, e xa estamos preparados para celebrar o Día das Letras Galegas no mar. Unha ocasión perfecta para render homenaxe á nosa lingua, literatura e referentes literarios. Pero… Como celebralo? Segue lendo e contarémosche o plan perfecto que temos para ti neste próximo festivo.

Unha festa anual moi agardada: O día das letras galegas.

Pero… Por que o 17 de maio?

Este foi o día no que se publicou o libro en galego, “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro en 1863. Dende entón, esta data converteuse nunha celebración anual moi agardada por nós, que aproveitamos para festexar e gozar da cultura e tradición da nosa terra.

Que se fai neste día en Galicia? Pois moitísimos actos culturais como conferencias, presentacións de libros, exposicións e actividades para toda a familia. Onde se celebra a riqueza cultural e linguística da rexión, e rendese homenaxe a todos aqueles que contribuíron a enriquecela ao longo da historia.

O encanto das Ondas do mar de Vigo…

Un dos poemas máis importantes e representativos da zona é “Ondas do mar de Vigo” de Martín Códax, fonte de inspiración para moitos artistas e escritores. Este escrito describe a beleza e o poder do mar, como os mariñeiros son atraídos polo seu misterio e forza. Algo especialmente certo na rexión de Vigo, onde a navegación e a náutica son parte integral da cultura e da vida cotiá.

A Ría de Vigo é un dos portos máis importantes de Galicia e foi utilizado polos mariñeiros durante séculos como un refuxio seguro. Ademais, as Illas Cíes, situadas en Vigo, ofrecen unha experiencia única para os amantes da náutica. Coas súas praias de area branca e as súas augas cristalinas, son o destino perfecto para gozar de longos fondeos no mar.

Celebrar o día das Letras Galegas no mar navegando pola Ría

Ao igual que no poema de Martín Códax, a náutica da Ría de Vigo é unha experiencia que permite conectar coa natureza e sentir a beleza do mar que cautiva e enamora a todos os que a proban.

Por iso, en Sailway decidimos celebrar o Día das Letras Galegas no mar dunha forma moi especial cunha OFERTA en charter para ti e para os teus… Ofrecémosche un 20% de desconto no aluguer de barcos o 17 de Maio!

Poderás desfrutar dun DÍA COMPLETO (10:00h a 20:00h) no mar, visitando lugares emblemáticos como as Illas Cíes ou ancorando na praia de Rodas. E se desexas, incluso poderás xantar a bordo ou tomar un gin tonic ao atardecer, unha forma moi poética de celebrar este día tan especial.

Ademais, os nosos barcos están equipados con todo o necesario para que poidas gozar ao máximo da experiencia, incluíndo táboa de paddle surf e snorkel. E o mellor de todo é que os prezos inclúen o IVE, limpeza e os permisos necesarios para ancorar nas zonas indicadas.

Queres ver os barcos que poñemos á túa disposición para esta data tan especial? Ensíñamoschos:

Escolle o barco que mellor se adapte ao teu estilo de navegación para celebrar o Día das Letras Galegas no mar

Celebra o Día das Letras Galegas no mar con Sailway

Elan 31: Un veleiro deportivo e elegante, con 9,40 metros de eslora, ideal para navegantes que procuran un barco rápido e fácil de manexar. A súa ocupación máxima é de 6 persoas.

Celebra o Día das Letras Galegas no mar con Sailway

NUVA 6M: Unha motora cómoda e potente, equipada cun motor de 150 CV, que che permitirá gozar da navegación en calquera circunstancia. Máximo 8 persoas.

Celebra o Día das Letras Galegas no mar con Sailway

Elan Impression 40: Un veleiro excepcional con 3 camarotes, baño, cociña e amplo salón con ventás panorámicas. Ofrece grandes dimensións interiores e unha xenerosa zona de solárium na proa. Con 11.90m de eslora e 3.91 de manga.

Este ano… Ao igual que no poema de Martín Códax, goza dunha experiencia que cautiva e enamora a todos os que a proban. As ondas do mar, o vento e o sol son os elementos que che guiarán e permitirán conectar plenamente coa natureza.

Goza dun festivo diferente e descobre novos horizontes marítimos con Sailway!

Se queres saber todo acerca desta experiencia, estaremos encantados de darche todas as explicacións que precises no número de teléfono 986 442 351. ¡Non te perdas nada! Visita as nosas redes sociais: FacebookInstagram.